Data:
mércores, 30 Marzo, 2016 - 14:00
O presidente da Fegamp, Alfredo García, reuniuse en San Caetano co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para tratar o desenvolvemento dun Plan Estratéxico para a Dinamización dos Pequenos Cascos Históricos.
Outro dos asuntos da xuntanza foi a colaboración institucional para mellorar a convivencia nos centros escolares.