Data:

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipìos e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse co presidente da Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI), José Alfredo Brea, para abordar asuntos relacionados coas alegacións da entidade deportiva no proceso de planificación hidrolóxica do 4º ciclo (2028-2033) nas demarcacións hidrográficas Miño-Sil e Galicia-Costa.
O presidente da FEGAPI solicitou colaboración á FEGAMP na información aos concellos afectados e, no seu caso, na presentación de alegacións, en atención á competencia propia dos concellos na «promoción do deporte e instalacións deportivas e de ocupación do tempo libre» recoñecida no artigo 25.2.l) da Lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local —competencia omitida neste proceso ao tratar a coordinación entre administracións con incidencia sobre o dominio público hidráulico, segundo o presidente da FGP.
Esta asunto será estudiado na vindeira Xunta de Voceiros da FEGAMP para dar resposta á solicitude da FEGAPI.

Sede Electrónica