Data:

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025.- O presidente da Federación Galega de Muncipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, xunto coa secretaria xeral, Patricia Vilán, reuníronse cunha delegación da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), composta polo seu presidente, Xosé Alfredo Pereira, e pola vogal da súa Xunta Reitora, Lorena Muiñiz.
O presidente da ORGACCMM presentou a unha que defende o mantemento do carácter xermánico dos montes veciñais en man común na elaboración da futura nova lei de montes veciñais, para o que solicitan o apoio dos concellos á mesma.
Con toda a información recibida, a FEGAMP abordará esta cuestión nos seus órganos.