Reunión da FEGAMP coa conselleira de Medio Ambiente despois dos anuncios da subida do canon de Sogama para 2024 e 2025

Data: 

venres, 27 Setembro, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) ven de reunirse coa conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, para coñecer oficialmente a información sobre a subida para 2025 do canon que pagan os concellos a Sogama pola xestión dos residuos. A xuntanza celebrouse despois que dende a FEGAMP se solicitara por dúas veces dende xullo, ao coñecer as subidas do canon para 2024 e para 2025 anunciadas este verán pola Consellería e pola propia Sogama.

Pola FEGAMP asistiu á reunión unha delegación encabezada polo seu presidente, Alberto Varela, e tamén composta polos vicepresidente primeiro e segundo, Héctor Corujo e Secundino García, respectivamente, e pola vicepresidenta executiva, María Barral. E pola Xunta de Galicia tamén asistiron  o secretario xeral Técnico e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, David Cabañó; a secretaria xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Carmen Bouso; o presidente de Sogama, Javier Domínguez, e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría.

A xuntanza sirviu para coñecer oficialmente as subidas do canon decididas pola Xunta e por Sogama, xa que daquela so coñecíase a información polos medios de comunicación. Agora, os órganos de dirección da FEGAMP traballarán sobre esta información para definir o seu posicionamento e chegado o caso, elaborar e achegar as alegacións oportunas, como xa se fixera en xullo pasado sobre a decisión da subida do canon para 2024, non recibindo ningunha resposta dende a Consellería á alegacións presentadas en rexeitamento da subida do canon.

Ao remate da reunión, o presidente da FEGAMP, Alberto Varela manifestou que "a información que se nos traslda é dunha subida do canon", ao tempo que os concellos "trasladamos que estamos nunha situación moi difícil, cada vez con máis gastos e cos ingresos cada vez máis mermados". Por iso, para o presidentde da FEGAMP "todo o que supoñe novos gastos vai poñernos nunha situación moi delicada, especialmente aos concellos máis pequenos".

Segundo o indicado na reunión, o canón para 2025 "estaría en 95 euros (por tonelada de residuos xestionada por Sogama) e quedaría en 83 euros" xa que a Xunta mantería a "acchega" de 12 euros por tonelada ya habilitada no orzamento de 2024 dende un fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, ademais de condicionar a rebaixa dos 13 euros por tonelada restante "ao cumprimento de reducir polo menos nun 1% os residuos entregados a Sogama respecto ao ano anterior" ou "incrementar un 3% a recollida selectiva dos contenedores amarelo ou marrón". Deste xeito, e sempre segundo a conselleira de Medio Ambiente "os municipios recibirán a partires de xaneiro unha cuantía de 12 euros por tonelada", polo que pagarían 96 euros por tonelada, e a maiores e cumprindo as anteriores porcentaxes, tamén "recibirán 13 euros por tonelada", quedando en 83 euros por tonelada o canon que pagarían os concellos a Sogama, sempre segundo o indicado pola conselleira de Medio Ambiente na reunión.