Data:

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025.- O presidente, Alberto Varela, e a secretaria xera, Patricia Vilán, da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), mantiveron unha reunión cunha delegación da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga), encabezada polo seu presidente, Elier Ojea, na que analizouse a viabilidade de unificar as ordenanzas municipais para facilitar os labores de corta e saca de madeira dos montes galegos.
Hai 146 concellos que teñen ordenanzas municipais que, segundo Fearmaga, "dificultan e poñen diferentes trabas administrativas, burocráticas e custes económicos á execución dos aproveitamentos forestais e a saca de madeira polas vías da súa titularidade". Dende a FEGAMP se estudiará a proposta nos seus órganos, para poder promover despois as iniciativas necesarias cos concellos e coa propia Xunta de Galicia.