Reunión de seguimento do convenio GES

Data: 

xoves, 12 Novembro, 2015 - 10:00

Reunión na Consellería do Medio Rural para abordar as negociacións do convenio dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais para o próximo trienio.

Por parte da Fegamp asisten o presidente, Alfredo García; o vicepresidente primeiro, Alfonso Villares; o alcalde de Brión, José Luis García e o coordinador de actas e informes da Fegamp, Raúl Fernández. Por parte da Xunta de Galicia asiste o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a conselleira de Medio Ambiente e Territorio, Beatriz Mato;  a secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Beatriz Cuíña;  a secretaria xeral técnica de Medio Rural, Mª Carmen Bouso; a secretaria xeral técnica de Medio Ambiente, Mª Jesús Lorenzana e o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago.