Reunión do Presidente e da Comisión Executiva da Fegamp co Presidente da Xunta e os conselleiros de Presidencia e Infraestrututras



 

Santiago, 13 de xullo de 2009 O Executivo autonómico e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acordaron hoxe establecer a creación dunha única Comisión Permanente para negociar e controlar o cumprimento dos compromisos adquiridos no seo do Pacto Local.

Así o confirmaron o presidente da Fegamp, Carlos Fernández e o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras reunirse hoxe en Santiago, acompañados dos membros da Comisión Executiva da Federación e do Goberno galego, como os conselleiros de Presidencia, Alfonso Rueda, e de Infraestruturas, Agustín Hernández.

Ao remate do encontro, ambos os dous dirixentes anunciaron ante os medios a posta en marcha deste órgano único, tras refundir as distintas comisións que, ata o momento, avaliaban por consellerías o cumpr