REUNIÓN DOS PRESIDENTES DA FEGAMP E A XUNTA DE GALICIA

Data: 

mércores, 5 Febreiro, 2020 (Todo o día)

Alberto Varela tivo a súa primeira reunión co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo en representación da Federación Galega de Municipos e Provincias.
Este encontro prodúcese no marco da rolda de reunións do novo presidente da FEGAMP con alcaldes para recoller de primeira man as súas suxestións e cos responsables doutras institucións cos que trazar liñas de traballo conxunto.
Alberto Varela reuníuse durante hora e media con Alberto Núñez Feijóo no Parlamento da Xunta de Galicia. Na reunión estivo tamén o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda.
O presidente da FEGAMP expuso a importancia e urxencia de mellorar o finanzamento dos concellos, afogados por prestar servizos que non lles corresponden. Neste sentido, Varela engadiu que é preciso delimitar as competenzas y que estas veñan acompañadas de orzamentos para poder asumilas.
Ó final da reunión, nunha breve declaración conxunta, Varela agradeceu o tono cordial do encontro.