Data:
A Fegamp acolleu unha xuntanza con responsables da Xunta de Galicia e das Deputacións provinciais para analizar as medidas contempladas na nova Axenda Social de Galicia. Debatéronse as liñas de colaboración cos concellos e as deputacións, de cara á súa futura posta en marcha.
Por parte da Fegamp asistiu á reunión o secretario xeral, Eduardo Ramonde, máis dous técnicos especialistas. Da Xunta, acudiu Ana María Aboy, subdirectora xeral de Inclusión e Integración Social; Carlos Santos, xefe do servizo de coordinación de Servizos Sociais Comunitarios; máis responsables da Dirección Xeral e Maiores e Persoas con Discapacidade. Por parte das Deputacións Provinciais, estiveron presentes na reunión Ánxela Franco, Caronlina Buhigas e Paula Filgueiras (A Coruña); Silvia García (Lugo); José Juan Cerdeira (Ourense); Sandra Vázquez e Martín Giménez (Pontevedra).