SANTIAGO ACOLLERÁ O EVENTO FINAL DUN PROXECTO DO PROGRAMA 'LIFE' DA COMISIÓN EUROPEA SOBRE IMPACTO AMBIENTAL E CUSTO DO CICLO URBANO DA AUGA

Data: 

venres, 22 Maio, 2015 (Todo o día)

O próximo 28 de maio terá lugar no Centro de Estudos Avanzados de Santiago de Compostela o evento final do proxecto 'Life + Aquaenvec', que servirá para a presentación dos resultados dese proxecto 'Aquaenvec' e para reflexionar sobre  a mellora da eco-eficiencia do ciclo urbano da auga.

O proxecto 'Aquaenvec' forma parte do programa 'Life' da Comisión Europea e contou coa participación de Cetaqua (coordinador), Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), Universidade de Santiago de Compostela (USC), e Universidade de Valencia (UV). O proxecto, que xerou unha ferramenta web de axuda á toma de decisión para mellorar a relación entre o impacto ambiental e o custo das actividades do ciclo urbano da auga, desenvolveuse en varias cidades pequenas e medianas de Galicia e Cataluña, con Betanzos e Calafell como casos de estudo referentes.

Os interesados en participar deben inscribirse antes do 26 de maio, poñéndose en contacto con Desireé Marín (dmarin@cetaqua.com) ou Sonia Delpont (sdelpont@cetaqua.com). A xornada é de balde, suxeita a aforo limitado. 

Xuntamos o programa do evento final 'Life + Aquaenvec'.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon jornadagestiondelagua.pdf389.21 KB