Data:
A contratación pública estratéxica abre novas oportunidades para que o gasto público que se destina á contratación de bens, servizos e obras poida favorecer políticas de emprego máis xustas, a inclusión social, a igualdade ou o respecto ambiental. Usar os cartos públicos para unha contratación máis eficiente, pero tamén máis equilibrada socialmente e que incida de forma positiva nos obxectivos de desenvolvemento social sostible. Como, cando, con que consecuencias e fórmulas son algúns dos interrogantes que busca responder este seminario. Expertos académicos e da administración achegan visións complementarias nun encontro especialmente indicado para xuristas, letrados, técnicos e cargos públicos.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016.
Dirección: Alba Nogueira López
Coordinación: Isabel Diz Otero, María Antonia Arias Martínez
Contacto inscripcións:
Universidade de Santiago de Compostela
Avenida MestreMateo s/n, Campus Vida
[15782, Santiago de Compostela
881814683
alba.nogueira@usc.es
http://www.redearmela.org
Twitter: @RedeArmela
Facebook: Armela Rede Investigación
Inscripción gratuita ata o 20 de xuño enviando un correo-e a alba.nogueira@usc.es
Aforo limitado
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa do seminario | 465.85 KB |