Sinatura do Convenio de Vivendas Baleiras

Data: 

martes, 3 Maio, 2016 - 10:30

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asina coa conselleira de Vivenda, Ethel Vázquez, o Convenio de Vivendas Baleiras. Os concellos galegos que o desexen poden subscribirse ao proxecto, co obxectivo de axudar a paliar os desafiuzamentos, a través da incorporación de inmobles ao programa de aluguer para persoas e familias en risco de exclusión social.