Data:
Os concellos adheridos ao convenio de xestión da biomasa poden solicitar as seguintes actuacións:
1. Plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais.
2. Execucións subsidiarias de ata un máximo de 10 ha por anualidade con cargo ao convenio.
3. Actuación de xestión da biomasa nas vías de titularidade municipal ata un máximo de 10 quilómetros por concello e anualidade.
4. Solicitude de iniciativas veciñais.
5. Solicitude de inspeccións.
6. Envío de proposta de planificación de traballos.
7. Concellos con parroquias priorizadas.
O prazo para enviar todas ou calquera destas solicitudes será ata o 31 de maio de 2024 (a excepción das iniciativas veciñais, que poderán facerse en calquera momento do ano).
As solicitudes posteriores a esa data, en caso de non chegar o orzamento dispoñible, pasarán a anualidade seguinte.
Todas as comunicacións ou solicitudes que se realicen deben enviarse por sede electrónica á Dirección Xeral de Defensa do Monte.
Tamén terán a súa disposición ao persoal técnico de Seaga para resolver as dúbidas e cuestións que precise aclarar a través das seguintes vías:
Correo electrónico: conveniobiomasa@epseaga.com
Teléfono: 881 997 319
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Detalle das actuacións que se poden solicitar ao amparo do Convenio de xestión da biomasa | 402.1 KB |