SOLO EMPRESARIAL EN GALICIA: OPCIONS PARA ADXUDICAR DEREITOS DE SUPERFICIE

A Xunta de Galicia aposta polo desenvolvemento económico e social de Galicia empregando todas as ferramentas de que dispón, entre as que se atopa a promoción de solo empresarial nas condicións máis ventaxosas posibles aos emprendedores.

Nesta liña, dende a Conselleria de lnfraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e a sociedade pública Xestur,ofrecen ás empresas galegas e a aquelas interesadas en instalarse na nosa comunidade Autónoma, solo urbanizado, dotado dos servizos necesarios e ben comunicado por vía terrestre, aérea e marítima, nas mellores condicións do mercado, como é a aplicación de bonificacións de ata o 50 por cento no prezo de venda do solo empresarial da súa propiedade, que posibilitou que entre 2015 e 2016 se adxudicaran preto de 640.000 metros cadrados de solo empresarial para o desenvolvemento de proxectos que prevén mobilizar 360 millóns de euros e xerar 12.000 empregos.

Por outra banda, e para competir de forma real e efectiva con Portugal, dende a Xunta de Galicia tamén se está a ofrecer a posibilidade de adxudicación de solo empresarial en dereito de superficie, de maneira que os interesados so pagan un canon simbólico anual, coa posibilidade de adquirir o solo nos dez primeiros anos da adxudicación, descontando do prezo o 40 por cento do pagado en concepto de canon. É dicir,un alugueiro simbólico con dereito de compra.

En consecuencia, e co obxectivo de que de nada serven as medidas se non se coñecen, informannos sobre as posibilidades que ofrece a medida implantada polo Goberno Galego para a aplicación da adxudicación en dereito de superficie, porque permite ás empresas concentrar os seus investimentos iniciais na construción e dotación das súas instalacións produtivas, sen ter que preocuparse polo investimento necesario na adquisición de solo, posto que o canon por metro cadrado vai dende 0,30 euros por metro cadrado e ano.

Co único interese de dar a coñecer as medidas de promoción de solo empresarial que están a poñer a disposición, pode atopar a continuación un folleto informativo coas condicións da adxudicación de solo empresarial, tanto en compravenda como en dereito de superficie, indicando o solo dispoñible e os prezos.

Para ampliar a información poden dirirse a Xestur, no teléfono 981151464 extensión 04.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Mais información 609.45 KB