'SÚBETE Á OLA' - VOZ NATURA

Os centros educativos participantes en Voz Natura poden solicitar ser os protagonistas dunha das xornadas que se realizarán entre abril e xuño. As actividades están deseñadas para alumnos de 5. º e 6. º de Primaria e de todos os cursos de Secundaria, en grupos dun máximo de 50.

A xornada comezará cunha breve charla sobre a importancia de preservar os ecosistemas e separar correctamente os residuos. A continuación, os escolares dividiranse en grupos para realizar as actividades: un deles recollerá residuos, clasificaraos e participará en diversos xogos; o outro, practicará paddle surf con monitores, se a actividade se realiza nunha praia, ou unha ruta de sendeirismo ou en bicicleta, no caso das accións en ríos. Despois, os alumnos intercambiaranse para que todos poidan realizar as dúas actividades.

O programa completo durará aproximadamente tres horas. O obxectivo final é executar entre 30 e 50 actuacións por toda a xeografía galega coas que concienciar os estudantes para que estes exerzan como transmisores ao resto da sociedade da importancia de xestionar axeitadamente os residuos.

Organizador: Voz Natura, Goge3 e Sogama

Data de inscrición: cubrir formulario e remitilo: voznatura@lavoz.es

Data de inicio: 01/04/2015

Data de fin: 30/06/2015

+INFO AQUÍ