SUBVENCIÓNS AOS CONCELLOS GALEGOS, ÁS ASOCIACIÓNS E ÁS COOPERATIVAS DE PERSOAS PRACEIRAS DOS MERCADOS E PRAZAS DE ABASTOS PARA A CONSECUCIÓN DE MERCADOS DE EXCELENCIA. PRAZO: 29-05-2017

Data: 

venres, 28 Abril, 2017 (Todo o día) a luns, 29 Maio, 2017 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

ORDE do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos, ás asociacións e ás cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN223A). BDNS (Identif.): 343252.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados e prazas de abastos na consecución e consolidación do selo de mercado excelente, a posta en marcha de actuacións que aproveiten as sinerxías xeradas polos camiños de Santiago, e a mellora dos recintos onde se desenvolva o comercio non sedentario.

Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos galegos e as asociacións e cooperativas de persoas prateiras, legalmente constituídas, dos mercados e prazas de abastos de Galicia.

Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

Destínase un total de 900.000,00 euros, dos cales 700.000,00 corresponden á aplicación orzamentaria 09.30.751A.761.3, 100.000,00 á 09.30.751A.781.1 e 100.000,00 á 09.30.751A.770.1.

Actuacións subvencionables

Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en diante Lei 9/2007, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

1. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as que a continuación se especifican, sempre que estas sexan realizadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19 (30 novembro 2017). Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

1.1. Concellos: mercados e prazas de abastos con selo de mercado excelente.

Considéranse actuacións subvencionables os investimentos en mercados e prazas de abastos que teñan concedido o selo de mercado excelente, de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2017, pola que se regula o procedemento para a obtención do Selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, e que constitúan un valor engadido neles.

En concreto, considéranse actuacións subvencionables:

a) Acondicionamento das instalacións: mellora da imaxe, instalación de sistemas de climatización, de sistemas de illamento térmico e/ou acústico que reduza o impacto de ruídos, establecemento de sistemas de recollida de auga.

b) Creación e/ou mellora de servizos para clientes: servizo de carros da compra, adecuación e/ou creación de zonas de descanso, tales como espazos infantís, salas de lactancia e outros, creación dun servizo de repartición a domicilio con persoal maker, instalación de consigna frigorífica, de servizo de cociñado de produtos.

c) Creación e/ou mellora doutros servizos: instalación de pantallas de información, servizo automático de turno, planos de situación do edificio «vostede está aquí», rede Wifi, posta en marcha de novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline e implantación e/ou actualización de páxinas web dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos que conten con tenda online e pasarela de pagamento.

d) Loxística e comercialización do produto, a súa presentación: creación dun packaging propio do mercado adecuado ás características específicas dos produtos, incluídos sistemas de envasado ao baleiro.

e) Creación ou mellora de aparcadoiros para vehículos e/ou bicicletas, sempre que sexan contiguos ás instalacións do mercado ou praza de abastos.

f) Actuacións de conservación, mantemento, reposición e mellora previstas nas fases I e II.

Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 60.000,00 euros de subvención por solicitante, agás as actuacións en novos sistemas de comercialización, que terán unha subvención máxima de 6.000,00 euros.

1.2. Concellos: mercados e prazas de abastos que non conten co selo de mercado excelente.

Considéranse actuacións subvencionables os investimentos realizados en mercados e prazas de abastos para unha mellora progresiva ata acadar as condicións de calidade exixidas para obter o selo de mercado excelente de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2017.

Segundo o grao de cumprimento dos requisitos mínimos e obrigatorios para acadar a excelencia, os mercados e prazas de abastos poderán atoparse nas seguintes fases:

Fase I: mercados ou prazas de abastos que precisan facer actuacións para a recuperación do estado físico do edificio.

Fase II: mercados ou prazas de abastos que tiñan realizadas as actuacións consideradas subvencionables na fase precedente.

En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:

1.2.1. Fase II.

a) Acondicionamento das instalacións: reforma integral e adaptación dos baños para os clientes, instalación de cámaras adaptadas ás normativas vixentes, instalación de consignas, creación ou acondicionamento dun punto de información ou oficina de información ao cliente debidamente sinalizado e situado preferentemente nunha zona de visibilidade e acceso, creación dun ecopunto, instalación de sistemas de calidade de aire e de impacto de cheiros, instalación de elementos de redución do impacto da radiación solar, creación e acondicionamento dun espazo multifuncional para actividades que complementen a actividade comercial e rotulación exterior.

b) Interiorismo: execución dun deseño de disposición interna por seccións ou produtos diferenciados, adecuación dos interiores para acadar unha imaxe integral e homoxénea dos postos de venda e áreas comúns, sinalización e rotulación interior, creación de logotipo e de imaxe corporativa común.

c) Elementos de exposición de identificación de produtos e de prezos, elementos para a exposición de produtos adecuados á tipoloxía do produto e cunha imaxe coidada e homoxénea, e indumentaria dos praceiros acorde coa imaxe corporativa da praza.

d) Implantación de novos sistemas de comercialización e información a o consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 40.000,00 euros de subvención por solicitante, agás as actuacións en novos sistemas de comercialización, que terán unha subvención máxima de 6.000,00 euros.

Os concellos que soliciten actuacións desta fase en ningún caso poderán solicitar as contidas na fase I.

1.2.2. Fase I.

Acondicionamento do edificio e das instalacións: arranxo de elementos estruturais, de cubertas, de fachadas interiores e/ou exteriores cunha imaxe integral e homoxénea, adaptación de accesos, instalación de solo antiesvarante e de sistemas de iluminación acorde cos produtos expostos e compatibles coa eficiencia enerxética.

Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 30 % do investimento, cun máximo de 20.000,00 euros de subvención por solicitante.

Os concellos que soliciten actuacións desta fase en ningún caso poderán solicitar as contidas na fase II.

1.3. Concellos: investimentos para a adecuación física ou mellora de construcións existentes destinadas a mercados tradicionais e ambulantes de apertura periódica.

Para estas actuacións a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 20.000 euros por solicitante.

1.4. Asociacións e cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos.

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:

1.4.1. Investimentos recollidos no artigo 4.2.1. A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 40.000,00 euros de subvención por solicitante, agás as actuacións en novos sistemas de comercialización, que terán unha subvención máxima de 6.000,00 euros.

1.4.2. Investimentos realizados polas asociacións e cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos situados en concellos polos cales discorran os camiños de Santiago, que teñan por finalidade a creación de lotes de produtos con packaging específico ou merchandising relacionado co Camiño, así como a posta en marcha de actuacións que permitan aos mercados aproveitar as sinerxías xeradas por este. Todas elas teñen que incluír a imaxe corporativa co logo «Mercados no Camiño», que será facilitada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 1.000,00 euros de subvención por solicitante.

2. Os investimentos nas actuacións subvencionables previstas no punto 4.1, 4.2 e 4.4.1 requiren a inclusión, por parte da entidade solicitante, da realización de actuacións de asesoramento-formación dirixidas ao mentoring comercial, aumento da rendibilidade do punto de venda con técnicas de visual merchandising, colocación do produto e atención ao cliente. Esta actividade, de obrigado cumprimento para o cobramento da subvención, de non incluirse na solicitude, enténdese que será financiada polo beneficiario na súa totalidade.

3. Actuacións e gastos non subvencionables:

a) Custos relativos á adquisición de bens inmobles e/ou ao seu mantemento, así como alugamento de locais.

b) Custos relativos á redacción de proxectos técnicos que non impliquen a súa execución.

c) Custos relativos a obras de construción de mercados e prazas de abastos.

d) Custos relativos a obras coa única finalidade de corrixir defectos ou patoloxías que non melloren a estética e funcionalidade do edificio e se non se integran nun plan para acadar a excelencia do mercado.

e) Custos de toda clase de persoal, agasallos promocionais, premios, trofeos, gastos de representación e a realización de recepcións e actos análogos.

f) Campañas de promoción ou calquera outra actuación que teña por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, así como as actuacións promovidas polas asociacións ou cooperativas de persoas praceiras das prazas de abastos, agás as actuacións previstas no artigo 1,.4.4.2.

g) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a.

h) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

 

Descargas: 

galer_a_fotos