SUBVENCIÓNS AOS CONCELLOS GALEGOS PARA A CREACIÓN DE ESPAZOS DE EMPRENDEMENTO COMERCIAL NO MEDIO RURAL. PRAZO: 18-06-2016

Data: 

xoves, 19 Maio, 2016 (Todo o día) a sábado, 18 Xuño, 2016 (Todo o día)

 

Consellería de economía, Emprego e Industria

ORDE do 25 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN201I). BDNS (Identif.): 306042.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a posta en marcha e a adecuación de instalacións de uso comercial co obxectivo de habilitar espazos de emprendemento comercial, os cales contarán coa oportuna sinalización. Deberán poñer á disposición postos de venda adecuados espacialmente nos cales se desenvolverán actividades comerciais que veñan complementar o mix comercial existente na zona, sempre que sexan realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2016.

A porcertaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 70.000 euros de subvención.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes.

Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Financiamento

1. As subvencións que se establezan para as actuacións previstas nesta orde financiaranse co crédito correspondente á aplicación orzamentaria 09.30.751-A.761.3, «Transferencias de capital. A corporacións locais. Ordenación territorial do comercio. Espazos comerciais municipais», por un importe total de 1.409.000,00 euros.

2. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Descargas: