SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DE GALICIA PARA O EQUIPAMENTO E MELLORA DAS INSTALACIÓNS E LOCAIS UTILIZADOS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS. PRAZO: 29-06-2017

Data: 

martes, 30 Maio, 2017 (Todo o día) a xoves, 29 Xuño, 2017 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 

ORDE do 5 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e ás agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. BDNS (Identif.): 347491.

Finalidade e obxecto

1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas á mellora e equipamento dos locais das corporacións locais e das súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para o ano 2017, no que atinxe á mellora do equipamento e das dotacións técnicas dos locais destinados a actividades culturais, conforme o procedemento que a continuación se establece (código de procedemento CT211B).

Inclúense nesta orde os equipamentos e dotacións realizados desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación da orde.

2. Para os efectos desta convocatoria, enténdense por locais de corporacións locais e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia aqueles que son propiedade das citadas entidades, sitos en Galicia e que contribúan ao fomento da cultura en Galicia.

Beneficiarios

1. Poderán optar a estas subvencións os concellos de Galicia e as súas entidades públicas así como as agrupacións de concellos, titulares de locais culturais, cunha programación estable ao longo do ano.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que esteán nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Imputación orzamentaria e contía

1. As subvencións reguladas nesta orde concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.432B.760.0 (código de proxecto 201500370) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017; o importe global destinado ascende a cincocentos mil euros (500.000 €).

2. Este importe inicial pode ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A concesión das axudas queda sometida á condición de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

3. A dotación das axudas será destinada a:

Realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala, sistemas de prevención e seguridade, novas tecnoloxías, investimentos destinados á posta en funcionamento de locais para usos culturais, investimentos en bibliotecas públicas municipais, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

4. A axuda máxima por beneficiario que concederá a Consellería será de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 90 % do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe de 30.000 € ascenderá a 35.000 € cando se trate de solicitudes conxuntas, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

5. O importe máximo destas axudas non poderá, en ningún caso, superar o custo das actividades que desenvolvan as entidades beneficiarias; estas axudas serán compatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas concedidas por entidades públicas ou privadas sempre que a acumulación de axudas non supere a totalidade do custo elixible e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas, na normativa nacional e comunitaria aplicable.

En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

Prazo

Os concellos e entidades públicas con personalidade xurídica propia que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: 

galer_a_fotos