SUBVENCIÓNS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE, F.S.P., PARA O FOMENTO E IMPULSO DA SUSTENTABILIDADE PESQUEIRA E ACUÍCOLA (PROGRAMA PLEAMAR). PRAZO: 14-07-2021

Data: 

xoves, 17 Xuño, 2021 (Todo o día) a mércores, 14 Xullo, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Resolución 10 de xuño de 2021 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F.S.P., pola que se aproba a publicación da convocatoria de subvencións, para o fomento e impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, no marco do programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca en 2021. BDNS( Identif.):569475.

Obxecto

O Programa Pleamar persegue apoiar ao sector pesqueiro e acuícola na súa aposta pola sustentabilidade e o seu compromiso coa conservación do patrimonio natural, apoiando proxectos innovadores que promovan a sustentabilidade das actividades pesqueiras e acuícolas, a xestión, recuperación e seguimento dos espazos protexidos, a redución da contaminación no mar e a sensibilización ambiental.

Beneficiarios

Entidades xurídicas públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que estean validamente constituídas e debidamente rexistradas no rexistro correspondente e que teñan domicilio en territorio español. Os distintos eixos e liñas previstos no punto 3.2, requisitos por eixos e liñas, desta convocatoria, establecen particularidades en relación á tipoloxía de entidades que poden resultar beneficiarias en cada un deles.

Dotación

A dotación máxima global da convocatoria é de ata 9.800.000€. O importe máximo solicitado por proxecto será de entre 100.000€ e 800.000€ segundo os distintos eixos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles e comezará o día seguinte á data de publicación do extracto desta convocatoria, nos termos e condicións especificados nas bases reguladoras.

Outros datos

O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es.

Descargas: