Data:
Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente
Extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2017 da Dirección da Fundación Biodiversidade, pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos do Programa empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo en 2017. BDNS(Identif.): 335127.
Obxecto
Apoio a proxectos que poñan en marcha actuacións dirixidas a fomentar a creación e mellora do emprego e empresas en actividades económicas vinculadas ao medio ambiente e que teñan entre os seus obxectivos: Crear emprego verde e azul, mellorar as competencias e cualificaciones dos traballadores en sustentabilidade, impulsar a innovación social con impacto ambiental positivo, promover a creación e crecemento de empresas verdes e azuis, conectar os ecosistemas europeos de apoio ao emprendemento e emprego verde e azul.
Bases reguladoras
Resolución do 23 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade. BOE núm. 58, do 9 de marzo de 2017.
Beneficiarios
Entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente, con personalidade xurídica propia e que teñan sede en España.
Dotación
A dotación máxima global da convocatoria é de ata 7.830.000 euros. O importe mínimo solicitado por proxecto será de 100.000 euros e o máximo de 300.000 euros.
Prazo
O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria ata as 14:00h do día 8 de maio de 2017, nos termos e condicións especificados nas bases reguladoras.
Outros datos
O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es