Data:
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D).
BDNS (Identif.): 814072.
Obxecto
O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de subvencións de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas subvencións aqueles concellos de Galicia que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter unha poboación igual ou inferior a 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Ter remitida a conta xeral do concello correspondente ao exercicio orzamentario de 2023 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Importe
Para a concesión destas axudas destínase crédito ata un importe máximo de 5.033.333,00 €.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 814072): https://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Na Dirección Xeral de Administración Local.






Sede Electrónica