SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ACCIÓNS PARA O IMPULSO DA AXENDA 2030 NAS ENTIDADES LOCAIS. PRAZO SOLICITUDE: 15-09-2022

Data: 

venres, 26 Agosto, 2022 (Todo o día) a xoves, 15 Setembro, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030

Orde DSA/632/2022, do 23 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais. BDNS (Identif.): 644880.

Obxecto

 1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións para conceder, en réxime de concorrencia competitiva, pola Secretaría de Estado para a Axenda 2030, con cargo aos créditos dos seus orzamentos, a proxectos e iniciativas que promovan a implementación, a aliñación e a localización da Axenda 2030 nas Entidades Locais.

2. As subvencións irán destinadas a subvencionar proxectos ou iniciativas relativos a:

a) Elaboración de plans de implementación da Axenda 2030 no ámbito local.

b) Proxectos para a adaptación de plans estratéxicos municipais á Axenda 2030.

c) Actuacións que respondan as prioridades establecidas no Plan de implementación da Axenda 2030 e/o outros plans estratéxicos existentes cuxo obxectivo sexa ofrecer unha resposta no territorio aliñada coa Axenda 2030.

d) Proxectos de sensibilización e concienciación da Axenda 2030, dirixidas á cidadanía local e/o ao conxunto dos diferentes actores locais, incluíndo a xeración de capacidades.

e) Iniciativas que contribúan a implementar a Axenda 2030 e a facer realidade o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no ámbito local.

O prazo máximo para executar cada proxecto ou iniciativa, será dun ano a partir da publicación da resolución de concesión correspondente.

Requisitos das entidades beneficiarias

1. Poderán obter a condición de entidade beneficiaria as entidades locais recollidas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Así mesmo, poderán obter a condición de entidade beneficiaria as agrupacións de entidades locais que estean constituídas conforme ao artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e que cumpran os requisitos establecidos na disposición adicional única desta orde.

2. A condición de entidade beneficiaria da subvención implica que asume, fronte á entidade convocante e á entidade colaboradora, a totalidade de dereitos e obrigacións inherentes a tal condición, derivada da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e do seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo.

3. As accións que realicen as entidades beneficiarias terán que cumprir co estipulado nestas bases reguladoras.

4. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. No caso de agrupacións, esta esixencia aplicarase a cada un dos seus compoñentes.

Xestión das subvencións e entidade colaboradora

 1. A efectos desta liña de axudas, a Federación Española de Municipios e Provincias (en diante, FEMP) actuará como entidade colaboradora de acordo co establecido no artigo 12 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, dando cumprimento ás obrigacións e requisitos que se establecen nos artigos 13, 15 e 17.3.c) da devandita lei.

2. Para a execución das actuacións formalizarase un convenio entre a Secretaría de Estado para a Axenda 2030 e a FEMP, no que se regulen as funcións para desempeñar por parte da FEMP, así como as obrigacións e condicións que asumirá cada unha das partes, en base ao establecido no artigo 16 da Lei 38/2003, de 17 novembro. Devandito convenio terá como obxecto a colaboración da FEMP na xestión da subvención.

3. A FEMP, como entidade colaboradora que non foi seleccionada como contratista de servizos, percibirá unicamente pola súa actuación unha compensación de gastos que estará contida no convenio, en base ao artigo 16.3.m) da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

4. Dado o réxime especial que atribúe á FEMP a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, así como a natureza e obxecto social da mesma conforme aos seus estatutos, e o feito de que as súas actividades correntes gardan de seu unha estreita relación cos obxectivos establecidos no artigo 1 desta orde, non son necesarias condicións específicas e adicionais de eficacia e solvencia ás que se refire no artigo 17.3.c) da Lei 38/2003, do 17 de novembro. O necesario cumprimento das condicións do artigo 13 da devandita lei é condición suficiente de solvencia e eficacia económica e financeira.

Prazo de presentación de solicitudes: 

O prazo de presentación de solicitudes será quince días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no "Boletín Oficial do Estado". (publicado no BOE Nº. 204, de 25 de agosto de 2022).

Máis Información: 

-Na Secretaría de Estado para a Axenda 2030, do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030: www.mdsocialesa2030.gob.es

-Na FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias)

-No BOE Nº. 161 (publicado o 6 de xullo de 2022) – BASES REGULADORAS - Orde DSA/632/2022

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 644880): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/644880

 

Descargas: