Data:
Consellería de Economía e Industria
Orde do 13 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519D).
BDNS (Identif.): 906664.
Obxecto
Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Contía
Anualidade 2024: 250.000,00 €.
Anualidade 2025: 625.000,00 €.
Anualidade 2026: 1.625.000,00 €.
Importe total da convocatoria: 2.500.000,00 €.
Intensidade das axudas: con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 1.000.000,00 euros por solicitude.
Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.
Poderase aboar a conta ata o 75 % do importe do gasto subvencionable, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.
O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Máiis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 906664): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/906664
-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN519D, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial , a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (https://economia.xunta.gal/portada).
b) Nos teléfonos 981 54 55 87 e 981 54 55 72 de servizos centrais.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 981 90 06 43).

Sede Electrónica