SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á EXECUCIÓN DE OBRAS DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E DEPURACIÓN, FINANCIADAS NO MARCO DO EIXE REACT-UE. PRAZO: 07-05-2021

Data: 

xoves, 25 Marzo, 2021 (Todo o día) a venres, 7 Maio, 2021 (Todo o día)

 

Augas de Galicia

Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do Eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A). BDNS (Identif.): 553633.

Obxecto 

O obxecto desta resolución é establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para executaren obras de abastecemento, saneamento e depuración, e convocar estas subvencións para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos cunha poboación total igual ou inferior a 5.000 habitantes, segundo cifras de poboación acordes co establecido no Real decreto 1147/2020, do 15 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020.

Cada concello poderá presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra referida a actuacións en sistemas de saneamento e depuración.

Non se poderán presentar dúas solicitudes referidas a un mesmo sistema. O incumprimento deste punto dará lugar á inadmisión das solicitudes presentadas en segundo ou sucesivo lugar.

Actuacións subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2021 destinados á execución das obras necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento, que permitan reducir ao máximo a vulnerabilidade da poboación abastecida desde eses sistemas, ou obras destinadas á execución de actuacións de modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes ou na construción de novas infraestruturas, contribuíndo con iso á mitigación do cambio climático.

2. Subvencionaranse tanto os investimentos realizados na execución das propias obras como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

Importe

As subvencións reguladas ao amparo desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de catro millóns de euros (4.000.000 €) dotada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O importe das subvencións terá o límite máximo de cincuenta mil euros (50.000 €) por solicitude (imposto sobre o valor engadido incluído), ata esgotar o crédito previsto nesta resolución.

Prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o artigo 8 da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A), que queda redactado da seguinte maneira:

«O prazo de presentación de solicitudes rematará o 7 de maio de 2021».

 

Descargas: