Data:
Consellería de Política Social
Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018. BDNS (Identif.): 358234.
Obxecto
Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora ou adaptación de infraestruturas e/ou dotación de equipamento en espazos públicos e edificios destinados á prestación de servizos públicos, co fin de garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación e sempre que a actuación responda a unha das seguintes tipoloxías:
a) Obra de reforma que implique a mellora, adaptación ou adecuación dun espazo público e/ou edificio destinado á prestación dun servizo público xa existente.
b) Subministración de equipamento: adquisición e instalación.
O obxecto poderá ser o sinalado no artigo 8 da orde, os gastos subvencionables os indicados no artigo 9 e a execución material deberá desenvolverse desde o 1 de setembro de 2017 e ata o 31 de outubro de 2018 ben que, de acordo co establecido no artigo 6.1.b), será obrigatoria a opción entre os seguintes intervalos:
a) Desde o 1 de setembro de 2017 e ata o 30 de novembro de 2017: o gasto imputarase á anualidade 2017.
b) Desde o 1 de decembro de 2017 e ata o 31 de outubro de 2018: o gasto imputarase á anualidade 2018. Neste suposto, deberá iniciarse, en todo caso, antes do 31 de decembro de 2017.
Isto sen prexuízo do sinalado no artigo 6.1.b) respecto do procedemento de contratación ou trámites para o efecto e a excepción aplicable a determinados gastos.
Beneficiarios
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos previos establecidos na orde e na demais normativa aplicable. Entre outros, posuír a titularidade e/ou dispoñibilidade do espazo e/ou edificio en que se pretende realizar a actuación nos termos establecidos no seu artigo 6.1.d) e contar con plan de accesibilidade en vigor ou, na súa falta, programa de accesibilidade integrado pola totalidade de aspectos sinalados no artigo 12.g).
Contía
Destínase crédito por importe total de novecentos mil euros (900.000 €), distribuído nas anualidades 2017 (62.711 €) e 2018 (837.289 €), cofinanciado con fondos Feder nun 80 %, programa operativo de Galicia 2014-2020.
A contía máxima por entidade beneficiaria, que unicamente poderá formular solicitude respecto dunha actuación, será do 70 % do orzamento total, cun máximo de 60.000 euros.
Prazo
Será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
DOG Nº. 151 - Subv. destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público. | 1.13 MB |
DOG Nº. 151 - EXTRACTO | 469.23 KB |