Subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia. Prazo: 09-09-2024

Data: 

venres, 9 Agosto, 2024 (Todo o día) a luns, 9 Setembro, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024/2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).

BDNS (Identif.): 778784.

Obxecto

O obxecto é establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na Empresa 2024/2025). O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

Os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Contar cun mínimo de 10 e un máximo de 25 persoas mozas participantes.

b) O período de realización de estadías formativas nas empresas ou entidades será dun mínimo de 3 e un máximo de 4 meses consecutivos.

O período de realización das estadías formativas nas empresas ou entidades públicas ou privadas deberá finalizar, como data límite, o 31 de marzo de 2025.

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde:

a) As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego, e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

b) Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como as entidades resultantes da fusión de concellos a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as subvencións que regula esta orde, de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Financiamento

1. Para o financiamento destas subvencións, existe crédito suficiente e adecuado na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, cunha contía total de 1.500.000 euros (código de proxecto 2023 00133).

A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito por aplicación e anualidades:

a) Con cargo á aplicación orzamentaria 2024 43 05 313A 460.0 (código de proxecto 2023 00133) para cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, distribuída do seguinte xeito:

Anualidade 2024 cun orzamento de 400.000 euros.

Anualidade 2025 cun orzamento de 100.000 euros.

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 2024 43 05 313A 4810 (código de proxecto 2023 00133) para cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia, distribuída do seguinte xeito:

Anualidade 2024 cun orzamento de 800.000,00 euros.

Anualidade 2025 cun orzamento de 200.000,00 euros.

2. Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.

Outros datos

Poderase solicitar un anticipo de ata o 80 % do importe concedido en cada anualidade. A entidade beneficiaria que queira solicitar o anticipo deberá solicitalo marcando no recadro do anexo III. En todo caso, os gastos imputados con cargo aos anticipos deberán xustificarse antes do 15 de decembro de 2024 para os gastos correspondentes ao anticipo da anualidade 2024 e antes do 15 de abril de 2025 para os gastos correspondentes ao anticipo da anualidade 2025.

A concesión da subvención tramítase en réxime de concorrencia competitiva e efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

O método de xustificación empregado será o de custos simplificados consonte o disposto nos artigos 53.1.d), 56.1 e 56.2 do Regulamento (UE) 2021/1060.

En todo caso, o importe máximo da axuda que se concederá a cada entidade beneficiaria establécese en 140.000 €.

Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos programas.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 778784): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

-Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no correo electrónico programas.xuventude@xunta.gal

Descargas: