Data:
Augas de Galicia
Resolución do 1 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU100A). BDNS (Identif.): 509843.
Obxecto
Bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU100A).
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables dos sistemas de abastecemento á poboación.
Non poderán ser beneficiarios os concellos que xa o fosen ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019.
Importe
As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €), distribuídos nas seguintes anualidades:
– 2020: 50.000 €.
– 2021: 200.000 €.
O importe das axudas será do 80 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000 €) por solicitude (IVE incluído), ata esgotar o crédito referido no punto anterior.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.