Data:
Axencia Galega das Industrias Culturais
Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño e se convocan para o ano 2019. BDNS (Identif.): 450316.
Finalidade
Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos das rutas xacobeas que discorren por Galicia. Será subvencionable unha parte das súas contratacións que se integrarán nas programacións do programa Cultura no Camiño 2019 e que se desenvolverán nas datas comprendidas entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2019.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos galegos polos cales discorran os camiños de Santiago recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles respecto dos cales se ditou acordo de inicio para a súa tramitación.
Importe
O financiamento destas axudas realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias. Destinarase un crédito global de 324.000 euros da aplicación orzamentaria 11.A1.432B.760.0, co código de proxecto 2015-00003.
Concederase unha dotación económica para a contratación das programacións de artes escénicas e musicais nos concellos galegos polos que discorren as rutas xacobeas que suporá, como máximo:
– 3.500 euros por concello de máis de 20.000 habitantes, sen superar o 40 % de cada un dos cachés dos grupos ou compañías contidos nas programacións.
– 2.500 euros por concello de menos de 20.000 habitantes, sen superar o 50 % de cada un dos cachés dos grupos ou compañías contidos nas programacións.
Prazo
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
DOG Nº. 78 - Subvs. do programa Cultura no Camiño 2019. | 650.97 KB |
DOG Nº. 78 - EXTRACTO - Subvs. do programa Cultura no Camiño 2019. | 457.09 KB |