Data:
Augas de Galicia
Resolución do 10 de febreiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU301C).
BDNS (Identif.): 888994.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento das auditorías de abastecemento para minimizar as perdas de auga, e convocar estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento AU301C).
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias os concellos e as entidades locais menores responsables de sistemas de abastecemento que teñan unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes.
Importe
As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos mil euros (200.000,00 €), aplicación orzamentaria 06.82.542B.760.00.
O importe das subvencións será do 100 % do investimento subvencionable, co límite máximo de dez mil euros (10.000,00 €) por solicitude, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), ata esgotar o crédito previsto nesta resolución de convocatoria.
Actuacións subvencionables
1. Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á elaboración de auditorías dos sistemas de abastecemento en alta e de subministración en baixa para minimizar as perdas de auga que teñan o contido mínimo previsto no artigo 5 desta resolución de convocatoria.
2. Será subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) só no caso de que non sexa recuperable pola entidade beneficiaria de acordo co disposto na Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido. Para tal efecto, o concello ou a entidade local menor deberán declarar expresamente se o imposto sobre o valor engadido (IVE) dos gastos subvencionables é ou non recuperable polo concello ou entidade local menor solicitante.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 6 de marzo de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 31 de xullo de 2026.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 888994): http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/888994
-Na Dirección de Augas de Galicia.

Sede Electrónica