SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA. PRAZO: 02-05-2022

Data: 

xoves, 31 Marzo, 2022 (Todo o día) a luns, 2 Maio, 2022 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade 

Orde do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PL400A). BDNS (Identif.): 617268.

Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2022, en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento administrativo PL400A).

Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.

Contía

Importe total da convocatoria: 350.000 euros.

Modalidades de axuda

As modalidades que adoptan estas axudas son as que se relacionan a seguir:

a) Creación dun servizo lingüístico.

b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.

c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.

Cada entidade local ou agrupamento de concellos poderá solicitar unha única modalidade de axuda ao abeiro desta convocatoria; desestimaranse as solicitudes que non cumpran este requisito. Así mesmo, tendo en conta que a prestación de servizos lingüísticos implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, todas as modalidades de axuda incluirán a súa realización. Ademais, serán inadmitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Os proxectos obxecto de subvención que impliquen a realización de actividades en formato presencial deberán prever as posibles restricións ou limitación de mobilidade persoal ou de capacidade que impidan a correcta execución de proxectos presenciais por razón da crise sanitaria derivada da COVID 19 e, neste caso, presentarán obrigatoriamente unha alternativa de execución da dita actividade en formato dixital ou combinado (dixital- material) que garanta a súa execución.

Serán obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2022.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Descargas: