SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA. PRAZO: 17-08-2020

Data: 

venres, 17 Xullo, 2020 (Todo o día) a luns, 17 Agosto, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura e Turismo 

ORDE do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PL400A). BDNS (Identif.): 515635.

Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante o mantemento ou reforzamento dos existentes para o ano 2020, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento administrativo PL400A).

Beneficiarios

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica.

Orzamento

O financiamento das axudas farase con cargo á partida orzamentaria 11.40.151A.460.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, por unha contía inicial máxima de 100.000,00 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

Modalidade de axuda

1. A modalidade que adopta esta axuda é a de mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.

2. Para os efectos desta subvención, considéranse:

a) Servizo lingüístico: departamento técnico inserido na entidade local, dotado de recursos materiais e humanos, que ten as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.

b) Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións.

c) Reforzamento dun servizo: incorporación de máis persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria.

Cada entidade local ou agrupamento de concellos poderá solicitar unha única axuda ao abeiro desta convocatoria, desestimaranse as solicitudes que non cumpran este requisito. Así mesmo, tendo en conta que a prestación de servizos lingüísticos implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, esta modalidade de axuda incluirá a súa realización. Ademais, serán inadmitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

3. Serán obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación.

Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Descargas: