SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS POR SERVIZOS DE TRANSPORTE COLECTIVO URBANO (ART. 104 E LPGE 2016). PRAZO: 30-06-2016

Data: 

domingo, 1 Maio, 2016 (Todo o día) a xoves, 30 Xuño, 2016 (Todo o día)

 

Lei 48/2015, do 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016

Sección 8.ª Compensacións, subvencións e axudas

Artigo 104. Subvencións ás Entidades locais por servizos de transporte colectivo urbano. BDNS(Identif.):306199

Un. Para dar cumprimento ao previsto na Disposición adicional quinta do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, con cargo aos créditos da Sección 32, Servizo 02, Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local. Entidades Locais, Programa 942N, concepto 462 figura un crédito por importe de 51,05 millóns de euros destinado a subvencionar o servizo de transporte colectivo urbano prestado polas Entidades locais que reúnan os requisitos que se especifican no seguinte apartado.

Dous. Na distribución do crédito poderán participar as Entidades locais que dispoñan dun servizo de transporte público colectivo urbano interior, calquera que sexa a forma de xestión, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Dispoñer dun Plan de Mobilidade Sustentable, coherente coa Estratexia Española de Mobilidade Sustentable, segundo o establecido no artigo 102, «Fomento dos Plans de Mobilidade Sustentable», da Lei 2/2011, do 4 de marzo, de Economía Sustentable, na súa redacción dada pola Disposición final trixésima primeira da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para 2012, que di o seguinte:

«A partir do 1 de xaneiro de 2014, a concesión de calquera axuda ou subvención ás Administracións autonómicas ou Entidades locais incluída na Lei de Orzamentos Xerais do Estado e destinada ao transporte público urbano ou metropolitano, condicionarase a que a entidade beneficiaria dispoña do correspondente Plan de Mobilidade Sustentable, e á súa coherencia coa Estratexia Española de Mobilidade Sustentable».

b) Ter máis de 50.000 habitantes de dereito, segundo o Padrón municipal vixente ao 1 de xaneiro de 2015 e aprobado oficialmente polo Goberno.

c) Ter máis de 20.000 habitantes de dereito, segundo as cifras de poboación do Padrón municipal vixente ao 1 de xaneiro de 2015 e aprobado oficialmente polo Goberno, nos que concorran simultaneamente que o número de unidades urbanas censadas no catastro inmobiliario urbano sexa superior a 36.000 na data sinalada.

d) Os municipios que, aínda non reunindo algunha das condicións recollidas nos apartados b) e c) anteriores, sexan capitais de provincia.

e) Exceptúanse os municipios que, cumprindo os requisitos anteriores, participen nun sistema de financiamento alternativo do servizo de transporte público urbano interior, no que achegue financiamento a Administración Xeral do Estado. Esta excepción será, en todo caso, de aplicación ao ámbito territorial das Illas Canarias, Consorcio Rexional de Transportes de Madrid e a Autoridade do Transporte Metropolitano de Barcelona.

Prazo

As Entidades Locais, no prazo comprendido entre o 1 de maio e o 30 de xuño do ano 2016, e co fin de distribuír o crédito destinado a subvencionar a prestación dos servizos de transporte público colectivo urbano, deberán presentar a documentación solicitada, na forma que se determine polos órganos competentes do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Máis información na  BDNS (Identif.): 306199: http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/306199

Descargas: