SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E DE MÚSICA PARA O ANO 2022. PRAZO: 25-04-2022

Data: 

venres, 25 Marzo, 2022 (Todo o día) a luns, 25 Abril, 2022 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 10 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases xerais de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e de música, e se aproba a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT213A). BDNS (Identif.): 616168.

Finalidade

Establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2022.

Persoas beneficiarias

1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea, ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e os criterios establecidos nestas bases. Para a modalidade B (festivais de artes escénicas), poderán presentarse, ademais, as entidades locais galegas.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

3. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.

4. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

Requisitos dos festivais

Para optar a estas axudas, os festivais terán que cumprir os seguintes requisitos:

Modalidade A (festivais de música):

a) O festival debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2021 ata o 31 de outubro do ano 2022. Enténdense incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2022 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.

b) O festival ten que ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

c) O festival ten que desenvolverse dentro dun único período de quince días; e dous dos días, como mínimo, deben ser consecutivos.

d) O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30 % do orzamento subvencionable.

e) O festival debe programar un mínimo de seis grupos.

f) Un mínimo do 80 % dos concertos teñen que ser con entradas de pagamento.

Modalidade B (festivais de artes escénicas):

a) O festival debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2021 ata o 31 de outubro do ano 2022. Enténdense incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2022 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.

b) O festival ten que ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

c) O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable.

d) O festival debe programar un mínimo de seis compañías e, en ningún caso, se poden incluír funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

e) A programación de compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia debe representar, como mínimo, o 30 % do orzamento de contratación profesional artística do festival, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.

f) Un mínimo do 60 % das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pagamento, excepto os festivais da rúa.

En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa e no suposto de que tal previsión non figure ata o 50 % do seu importe.

En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Importe

Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 550.000,00 euros, en función das dispoñibilidades orzamentarias existentes na Axencia Galega das Industrias Culturais, das aplicacións orzamentarias seguintes: 10.A1.432B.460.0, 60.000,00 euros; 10.A1.432B.470.0, 360.000,00 euros, e 10.A1.432B.481.0, 130.000 euros, do código de proxecto 2015-00003, en concreto:

Un total de 350.000,00 euros para a modalidade A (festivais de música) das aplicacións orzamentarias seguintes: 10.A1.432B.470.0, 253.909,09 euros, e 10.A1.432B.481.0, 96.090,91 euros.

Un total de 200.000,00 euros para a modalidade B (festivais das artes escénicas) das aplicacións orzamentarias seguintes: 10.A1.432B.460.0, 60.000,00 euros; 10.A1.432B.470.0, 106.090,91 euros, e 10.A1.432B.481.0, 33.909.09 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Descargas: