Data:
Axencia Galega das Industrias Culturais
Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT213A).
BDNS (Identif.): 870750.
Finalidade
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2026.
Persoas beneficiarias
1. Poderán acceder as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia, que leven a cabo festivais obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.
2. Poderán acceder a esta convocatoria as entidades locais galegas. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
3. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberase acreditar que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
4. Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
Importe
O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 290.000 euros con cargo ao orzamento do ano 2026 da Axencia Galega das Industrias Culturais, no código de proxecto 2015 00003, nas aplicacións e contías que se reflicte no cadro seguinte:
| Aplicación | 13.A1.432B.460.0 | 13.A1.432B.470.0 | 13.A1.432B.481.0 |
| Contía | 30.000 € | 60.000 € | 200.000 € |
Proxectos subvencionables
1. Considérase proxecto subvencionable a organización e celebración dun festival de artes escénicas sempre que cumpra os seguintes requisitos:
a) Debe celebrarse entre o 1 de novembro do ano 2025 e o 31 de outubro do ano 2026. Enténdense incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2026 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.
b) Ter unha antigüidade de, polo menos, dúas edicións consecutivas, salvo causas de forza maior debidamente xustificadas, excluída a edición que se presenta a esta convocatoria.
c) Debe ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable.
d) A contratación de compañías galegas ten que supoñer, como mínimo, o 30 % do orzamento de contratación artística do festival, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
e) Un mínimo do 60 % das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de rúa.
f) A programación debe estar conformada por un mínimo de seis compañías das artes escénicas. Para os efectos desta convocatoria, non se considerarán artes escénicas as actuacións musicais.
2. Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por unha mesma persoa solicitante, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por persoa solicitante. Para estes efectos, deberase establecer unha orde de prelación sobre os proxectos presentados, que a Comisión de Valoración terá en conta no caso de que varios proxectos se consideren subvencionables. Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas persoas solicitantes.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 870750): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/870750
-Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: industriasculturais.xunta.gal
b) Teléfonos: 881 99 60 77/881 99 60 78.
c) Enderezo electrónico: agadic@xunta.gal
d) Persoalmente.
e) Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 750.61 KB | |
| 359.2 KB |

Sede Electrónica