SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE MÚSICA E DE ARTES ESCÉNICAS. PRAZO: 17-04-2023

Data: 

sábado, 18 Marzo, 2023 (Todo o día) a luns, 17 Abril, 2023 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e de artes escénicas, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT213A). BDNS (Identif.): 681030.

Finalidade

Establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2023.

Persoas beneficiarias

Persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.

Para a modalidade A (festivais de música) non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

Para a modalidade B (festivais de artes escénicas), poderán presentarse, ademais, as entidades locais galegas sempre que cumpriran co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.

Importe

O crédito asignado ao financiamento da subvención será de 575.000,00 €, suma que irá a cargo das seguintes aplicacións orzamentarias do código de proxecto 2015-00003:

– Modalidade A: un total de 360.000,00 € na aplicación 10.A1.432B.470.0.

– Modalidade B: un total de 215.000,00 € distribuídos do seguinte xeito: 60.000,00 € na aplicación 10.A1.432B.460.0, 121.090,91 € na aplicación 10.A1.432B.470.0 e 33.909,09 € na aplicación 10.A1.432B.481.0.

Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se acredite o seu pagamento antes da data de xustificación.

2. Para os efectos desta convocatoria son gastos subvencionables:

– Gastos de promoción, difusión e publicidade.

– Alugueiro de espazos, servizos e equipamentos técnicos.

– Cachés dos grupos e compañías.

– Dotación de premios outorgados polo festival.

– Gastos de viaxes e aloxamento das persoas participantes nas actividades propostas, excluídas as mantenzas.

– Gastos derivados da xestión dos dereitos de autor.

– Gastos xerais e de persoal asociados ao desenvolvemento do proxecto (ata un máximo do 30 % do proxecto presentado).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 681030): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://agadic.gal

-Nos teléfonos: 881 99 60 77/881 99 60 78.

-No enderezo electrónico: agadic@xunta.gal

-Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Descargas: