Subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia 2024. Prazo: 29-01-2024

Data: 

sábado, 30 Decembro, 2023 (Todo o día) a luns, 29 Xaneiro, 2024 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais

Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT215B).

BDNS (Identif.): 734604.

Finalidade

Determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas legalmente constituídas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas.

Requisitos dos festivais para optar as axudas

1. Para optar a estas axudas os festivais terán que reunir os seguintes requisitos:

a) Celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro de 2023 ata o 31 de outubro de 2024, ambos os días incluídos.

Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro do ano 2024 e que se desenvolvan máis do 50 % das actividades dentro deste período.

b) Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.

c) Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores ao ano da convocatoria respectiva.

d) Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.

e) Que acaden unha puntuación mínima na fase de valoración de 30 puntos, segundo o disposto no artigo 17.2, resultando excluídos de subvención os que no acaden a dita puntuación.

f) As actividades para desenvolver obxecto desta subvención non poden estar subcontratadas nin total nin parcialmente, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Importe

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito global de 300.000 euros, código de proxecto 2015-00003 repartido nas aplicacións orzamentarias seguintes:

10. A1.432B.460.0: 50.000 euros (entidades locais).

10. A1.432B.470.0: 35.000 euros (empresas).

10. A1.432B.481.0: 215.000 euros (asociacións).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 734604): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais https://agadic.gal

-Nos teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

-No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

Descargas: