SUBVENCIÓNS Á MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DAS INFRAESTRUTURAS DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS (NextGenerationEU - PRTR). PRAZO: 28-01-2022

Data: 

mércores, 29 Decembro, 2021 (Todo o día) a venres, 28 Xaneiro, 2022 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404E). BDNS (Identif.): 601839.

Obxecto

Estas bases teñan por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404E).

Finalidade das axudas

1. Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión.

2. As accións elixibles que se financiarán a través deste liña de axudas son as seguintes:

a) Modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede.

b) Modernización dos sistemas de iluminación dixital.

c) Modernización dos sistemas de vídeo dixital.

d) Modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica.

e) Modernización das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais.

f) Modernización e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.

Persoas beneficiarias

Establécense dúas categorías de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Importe

As axudas financiaranse cun crédito total de 1.210.064,37 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais do código de proxecto 2021 00003, distribuído: 605.000,00 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.1 e 605.064,37 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.1.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: