Subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais (PRTR). Prazo: 22-04-2024

Data: 

venres, 22 Marzo, 2024 (Todo o día) a luns, 22 Abril, 2024 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT404E).

BDNS (Identif.): 749504

Finalidade

Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión. As accións elixibles que se financiarán a través desta liña de axudas son as seguintes:

a) Modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede.

b) Modernización dos sistemas de iluminación dixital.

c) Modernización dos sistemas de vídeo dixital.

d) Modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica.

e) Modernización das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais.

f) Modernización e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.

Persoas beneficiarias

Establécense dúas categorías de persoas beneficiarias desta convocatoria:

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarias ou posuidoras de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Importe

Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 500.000 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para o 2024 e 2025, código de proxecto 2021 00003, distribuído segundo o cadro que sigue:

Categorías Aplicación orzamentaria Código de proxecto Total Anualidade 2024 Anualidade 2025
Categoría 1 10.A1.432B.770.1 2021 00003 100.000 € 30.000 € 70.000 €
Categoría 2 10.A1.432B.760.1 2021 00003 400.000 € 150.000 € 250.000 €
Total     500.000 € 180.000 € 320.000 €

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 749504): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://industrias culturais.xunta.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

Descargas: