SUBVENCIÓNS PARA A ADXUDICACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE EMERXENCIAS A CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES, MANCOMUNIDADES OU AGRUPACIÓNS DE CONCELLOS GALEGOS. PRAZO: 23-08-2021

Data: 

sábado, 24 Xullo, 2021 (Todo o día) a luns, 23 Agosto, 2021 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo 

Orde do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2021 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR450A). BDNS (Identif.): 575697.

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2021.

O procedemento regulado nesta orde habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código de procedemento PR450A.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que cumpran as seguintes condicións:

a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo; ou que tivesen presentada oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC nel, neste caso, queda condicionada a concesión da subvención á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.

b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2019 no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non teñan recibido o mesmo equipamento por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo ou de organismos e entidades adscritas a esta con posterioridade ao 1.1.2015, destinado á prestación dos servizos de protección civil e emerxencias.

Para estes efectos, nunha primeira repartición do equipamento non poderán ser beneficiarios da liña 1 (pick-up) aqueles concellos que recibisen algún tipo de vehículo con posterioridade á data indicada.

Se unha vez asignado o equipamento ás entidades locais, tendo en conta a condición anterior, quedase equipamento vacante, este será asignado a entidades locais que xa o teñan recibido despois do 1.1.2015 de acordo coa puntuación acadada na presente orde. Para estes efectos, no caso da liña 1 (pick-up), darase prioridade aos concellos que non conten con vehículo todocamiño desde a data indicada.

Importe

A actuación que se vai desenvolver ten natureza de subvención en especie e o equipamento para ceder distribuirase nas seguintes liñas de axuda:

Liña 1. 19 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Liña 2. 6 remolques para a atención ás emerxencias.

Liña 3. 26 tendas de campaña para emerxencias.

Liña 4. 8 coitelas para retirada de neve.

Liña 5. 8 esparexedores de sal.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: