Subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias (programa Galicia Feder 2021-2027). Prazo: 28-08-2023

Data: 

xoves, 27 Xullo, 2023 (Todo o día) a luns, 28 Agosto, 2023 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Orde do 12 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2023 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR450A). BDNS (Identif.): 709414.

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2023.

O procedemento regulado nesta orde habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código de procedemento PR450A.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que cumpran as seguintes condicións:

a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo; ou que tivesen presentada oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC, neste caso a concesión da subvención quedará condicionada á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.

b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2021 no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non teñan recibido o mesmo equipamento por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ou dos organismos e entidades adscritas a esta con posterioridade ao 1.1.2015 destinado á prestación dos servizos de protección civil e emerxencias.

Se unha vez asignado o equipamento ás entidades locais, tendo en conta a condición anterior, quedase equipamento vacante, este será asignado a entidades locais que xa o teñan recibido despois do 1.1.2015 de acordo coa puntuación acadada na presente orde.

Importe

A actuación que se vai desenvolver ten natureza de subvención en especie e o equipamento distribuirase a ceder nas seguintes liñas de axuda:

Liña 1. 21 kits de material loxístico de seguridade viaria.

Liña 2. 21 kits de material para as emerxencias no medio acuático.

Liña 3. 21 kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.

Liña 4. 8 remolques para a atención ás emerxencias.

Liña 5. 20 tendas de campaña para emerxencias.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 709414): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

 

Descargas: