SUBVENCIÓNS PARA A ADXUDICACIÓN DE VEHÍCULOS E MOTOCICLETAS A CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HAB., QUE CONTEN CON CORPO DE POLICÍA LOCAL. PRAZO: 09-03-2015

Data: 

martes, 10 Febreiro, 2015 - 01:00 a luns, 9 Marzo, 2015 - 14:00

 

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 6 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2015 para a adxudicación de vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con corpo de policía local, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de vehículos policiais de emerxencias aos concellos galegos que conten con corpo de policía local, de acordo coas previsións contidas na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e a súa convocatoria para o ano 2015.

O equipamento que se vai ceder distribúese nas seguintes liñas de axudas:

Liña 1: 50 vehículos tipo turismo.
Liña 2: 26 motocicletas tipo trail.

Beneficiarios

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, que cumpran as seguintes condicións:

a) Que o solicitante dispoña de corpo de policía local, conforme a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2013 no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non recibisen axudas por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o mesmo fin nos seis últimos anos .

Crédito

A adquisición do equipamento de emerxencias lévase a cabo mediante subministración por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 53 «Protección de riscos», con cargo a aplicación orzamentaria 05 25 212A 624.0. Para estes efectos tramitouse anticipadamente o correspondente expediente de contratación número 2014-05-01830, por importe de 1.070.000,00 euros, para a adquisición dos equipamentos sinalados no artigo 1 desta orde.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon dog26.pdf750.25 KB