SUBVENCIÓNS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTURAL EN ÁREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA (FONDOS NGEU). PRAZO: 19-12-2022

Data: 

sábado, 19 Novembro, 2022 (Todo o día) a luns, 19 Decembro, 2022 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404F). BDNS (Identif.): 658960.

Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e convocalas para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).

Persoas beneficiarias

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.

Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 85 da Lei 7/1985, de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

Proxectos subvencionables

1. Os proxectos e actividades culturais que pretendan ser subvencionados ao abeiro desta convocatoria deberán realizarse ou desenvolverse no medio rural. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por medio rural os concellos de menos de 30.000 habitantes e cunha densidade igual ou menor a 100 habitantes/km2. Se o proxecto ten carácter supramunicipal, todos os concellos en que se desenvolve o proxecto deberán cumprir este requisito.

2. Os proxectos e actividades culturais que presenten as persoas solicitantes deberán ter un orzamento total, igual ou superior a 50.000,00 euros (incluído o IVE).

3. Para os efectos destas bases, descríbense a seguir as accións elixibles:

a) Eventos ou espectáculos artísticos ou culturais, festivais, exposicións e outras actividades culturais similares dentro dos seguintes ámbitos: artes visuais, cinema e artes audiovisuais, teatro, danza, circo, musica, literatura e palabra, arquitectura, deseño e artesanía, incluíndo as actividades artísticas multidisciplinares e aquelas que relacionan a cultura e as artes coa ciencia e/ou os saberes tradicionais.

b) Proxectos que mediante a participación multiaxente –laboratorios de ideas, prototipados de proxectos, iniciativas transdisciplinares ou alianzas transectoriais–, favorezan a experimentación, a investigación e a innovación cultural e teñan unha concreción práctica no territorio.

c) Patrimonio inmaterial, en conexión coa cultura e as prácticas contemporáneas.

d) Actividades de educación, transferencia e mediación artística e cultural, incluíndo o uso das novas tecnoloxías.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 658960): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Axencia Galega das Industrias Culturais:

 

 

Descargas: