SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN DE ESPAZOS ACTIVOS DE EMPRENDEMENTO COMERCIAL NO MEDIO RURAL 2017. PRAZO: 14-04-2017

Data: 

mércores, 15 Marzo, 2017 (Todo o día) a venres, 14 Abril, 2017 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

ORDE do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201I). BDNS (Identif.): 332831.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a posta en marcha e adecuación de instalacións de uso comercial co obxectivo de habilitar espazos de emprendemento comercial, que contarán coa oportuna sinalización, e de poñer á disposición postos de venda adecuados espacialmente nos cales se desenvolverán actividades comerciais que veñan complementar o mix comercial existente na zona, sempre que sexan realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2017.

A porcentaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 70.000,00 euros de subvención.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes.

Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Financiamento

1. As subvencións que se establezan para as actuacións previstas nesta orde financiaranse con crédito correspondente á aplicación orzamentaria 09.30.751A.761.3, «Transferencias de capital. As corporacións locais. Espazos comerciais municipais. Mercados excelentes e emprendemento», por un importe total de 600.000 euros.

2. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

Prazo 

Un mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon DOG Nº. 51955.55 KB
PDF icon DOG Nº. 51 - EXTRACTO422.26 KB
PDF icon DOG Nº 167 - RESOLUCIÓN 444.17 KB
galer_a_fotos