SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E/OU MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS, DOTACIÓNS, INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS VINCULADOS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS. PRAZO: 20-02-2021

Data: 

xoves, 21 Xaneiro, 2021 (Todo o día) a sábado, 20 Febreiro, 2021 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primera e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo 

ORDE do 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2021, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A). BDNS (Identif.): 544380.

Obxecto

Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais (código de procedemento PR486A), que se indican a seguir:

a) Obras de instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública.

b) Obras de pavimentación de camiños públicos municipais

c) Obras de construción, mellora e ampliación de parques infantís, cubrición de parques infantís ou construción de novos parques infantís cubertos.

d) Obras de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais, obras de adaptación para garantir que resulten accesibles, e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.

e) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público, mellora da accesibilidade e da seguridade nos espazos ou instalacións deportivas e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.

Beneficiarios

Os concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2019, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Ter remitido as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2019 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de catro millóns de euros (4.000.000,00 €).

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: