Subvencións para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais. Prazo: 29-02-2024

Data: 

martes, 30 Xaneiro, 2024 (Todo o día) a xoves, 29 Febreiro, 2024 (Todo o día)

 

Augas de Galicia

Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301E).

BDNS (Identif.): 741033.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocar estas subvencións para o ano 2024 (código de procedemento AU301E).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables de sistemas de abastecemento que dean servizo a unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes e as entidades locais menores responsables de sistemas de abastecemento á poboación.

Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por un importe de setecentos trinta e sete mil seiscentos seis euros (737.606,00 €).

O importe das subvencións será, como máximo, do 80 % do investimento da actuación proposta, co límite máximo de corenta e cinco mil euros (45.000,00 €) por solicitude, ata esgotar o crédito previsto na resolución.

Actuacións subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2024 destinados á execución de obras incluídas no Plan de actuación para minimizar as perdas de auga que teña aprobado a entidade local en cumprimento do disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario.

2. Subvencionaranse tanto os investimentos realizados na execución de obras e instalación de equipos como os gastos asociados a elas: honorarios de redacción do documento técnico, honorarios en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial e honorarios na dirección dos traballos, e o total dos honorarios poderá ser ata un máximo do 10 % da subvención.

3. Será subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) só no caso de que non sexa repercutible de acordo co disposto na Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido. Para tal efecto, a entidade local deberá presentar coa documentación xustificativa un certificado en que declare expresamente que o IVE dos gastos subvencionables non é repercutible pola entidade local.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 741033): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Dirección de Augas de Galicia.

 

Descargas: