SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2, APOIO A OPERACIÓNS CONFORME A ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO, DA MEDIDA LEADER DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2014-2020. 2º PRAZO: 31-05-2019

Data: 

xoves, 27 Decembro, 2018 (Todo o día) a domingo, 31 Marzo, 2019 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2, Apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo, da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. BDNS (Identif.): 430510.

Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2019 e 2020, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.2 do PDR, Apoio para a realización de operacións conforme as estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural.

Bases reguladoras

Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 29 de decembro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Entidades beneficiarias

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Contía

A contía global da convocatoria é de 6.605.980,00 € para a anualidade 2019 e 9.908.970,00 € para a anualidade 2020. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader e o seu importe está distribuído entre os grupos de desenvolvemento rural seleccionados no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.

A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tanto para os proxectos de natureza produtiva como para os proxectos de natureza non produtiva.

As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50 % da subvención concedida.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.

Concorrerán a unha primeira convocatoria as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2019. Unha vez tidas en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2019 e unicamente no caso de existir crédito orzamentario dispoñible, poderá realizarse unha segunda convocatoria, tendo en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de maio de 2019.

Descargas: