SUBVENCIÓNS PARA O COFINANCIAMENTO DE PROXECTOS DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS. PRAZO: 12-09-2022

Data: 

venres, 12 Agosto, 2022 (Todo o día) a luns, 12 Setembro, 2022 (Todo o día)

 

Consellería de Sanidade

Orde do 21 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463G). BDNS (Identif.): 642924.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de cofinanciamento e concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades locais galegas (código de procedemento SA463G).

Entidades beneficiarias

Poderán concorrer á concesión destas subvencións todos aqueles concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupados, un proxecto de prevención de condutas adictivas e que reúnan os requisitos sinalados na orde.

A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada concello e mancomunidade, agás no caso das agrupacións de concellos, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, a entidade solicitante actuará como representante do proxecto e interlocutora ante a Consellería de Sanidade.

Ningunha entidade local poderá figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual. De darse o caso, prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.

Outros datos

Para poder ser entidade beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo da orde e que estará dispoñible tanto na Guía de procedementos (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código SA463G.

Contía

A contía total das subvencións concedidas ao abeiro desta orde ascende a 2.513.463,00 euros e financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 1202.413A.460.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Este orzamento distribuirase en catro anualidades do seguinte xeito:

a) Ano 2022: 418.910,50 €.

b) Ano 2023: 837.821,00 €.

c) Ano 2024: 837.821,00 €.

d) Ano 2025: 418.910,50 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 642924): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Dirección Xeral de Saúde Pública.

 

Descargas: