Subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento, promovidos por entidades locais. Prazo: 06-11-2026

Data: 

mércores, 7 Outubro, 2026 (Todo o día) a venres, 6 Novembro, 2026 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Orde do 28 de setembro de 2026 pola que se convocan subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento, promovidos por entidades locais, durante o exercicio de 2026.

BDNS (Identif.): 931934

Obxecto

A presente orde ten por obxecto convocar, para o exercicio 2026, as subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento promovidos por entidades locais, que teñan estas características:

a) Os proxectos deberán achegar unha visión integral do problema demográfico da zona na que se prevé que se desenvolva, ter en conta as diferentes perspectivas e, preferentemente, abordar respostas transferibles para outras zonas rurais con problemas demográficos similares.

b) Os proxectos deberán ter como obxectivo propiciar a reactivación social e económica de zonas con problemas de despoboamento, mediante a revalorización do espazo rural; e iso desde unha dimensión socioeconómica, medioambiental e de xénero.

c) Os proxectos deben ter un contido innovador para o territorio, de modo que promovan o desenvolvemento e execución de novas actividades económicas, a xeración de novos postos de traballo ou o mantemento dos xa existentes.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias, para actuacións que se desenvolvan no seu ámbito territorial, as seguintes entidades:

a) As entidades locais recollidas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, con excepción das áreas metropolitanas.

b) Outras entidades locais, reguladas pola normativa autonómica, que teñan atribuídas as competencias e teñan a capacidade de xestión suficiente para desenvolver o proxecto para o que se solicita a subvención.

c) As comunidades autónomas uniprovinciais, no exercicio das competencias que corresponden ás deputacións provinciais, e de acordo co artigo 40 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

d) As agrupacións de entidades locais que estean constituídas conforme o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, sempre que todas as entidades agrupadas cumpran as condicións de admisibilidade.

e) Os consorcios adscritos á Administración Local, definidos no artigo 118 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Bases Reguladoras

Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro, pola que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento («BOE» núm. 290, do 4 de decembro de 2021), modificada pola Orde TED/1074/2025, do 24 de setembro, pola que se modifica a Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro («BOE» núm. 238, do 3 de outubro de 2025).

Contía

O importe total máximo das axudas que se concedan no marco desta Orde será de 80.000.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

As subvencións convocadas por esta orde poderanse solicitar no prazo dun mes, contados desde o día seguinte ao da publicación do seu extracto no «Boletín oficial del Estado».

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 931934): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/931934

-No Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Descargas: