SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE PROXECTOS PARA A INNOVACIÓN TERRITORIAL E A REACTIVACIÓN DA ACTIVIDADE SOCIOECONÓMICA E A LOITA CONTRA O DESPOBOAMENTO. PRAZO: 16-06-2022

Data: 

xoves, 5 Maio, 2022 (Todo o día) a xoves, 16 Xuño, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Orde do 25 de marzo de 2022, pola que se convocan Subvencións para o financiamento de proxectos promovidos por entidades locais para a innovación territorial e a reactivación da actividade socioeconómica e a loita contra o despoboamento durante o exercicio 2022. BDNS (Identif.): 623633.

Finalidade

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións para o exercicio 2022, destinadas ao financiamento de proxectos innovadores promovidos polas entidades locais para a transformación territorial, que desde unha dimensión económica, social, medio ambiental e de xénero propicien a reactivación social e económica de zonas con problemas de despoboamento e revaloricen o espazo rural.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades locais previstas no artigo 3 da Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro, pola que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento.

Bases reguladoras

Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro, pola que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento.

Contía

O importe máximo total na presente convocatoria é de 10.315.000,00 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

 As solicitudes presentaranse no prazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no «Boletín Oficial do Estado».

Descargas: