SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA. PRAZO: 29-05-2023

Data: 

sábado, 29 Abril, 2023 (Todo o día) a luns, 29 Maio, 2023 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación 

Orde do 14 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN201G). BDNS (Identif.): 689963.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega. As ditas actuacións deberán estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 21. Así mesmo, excepcionalmente considéranse subvencionables os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2022 derivados da organización e participación en feiras do período do Nadal 2022/23, así como os gastos efectuados no ano 2022 para o pagamento da súa reserva.

Beneficiarias/os

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición en dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Importe

Destínase un total de 265.000,00 € das aplicacións orzamentarias seguintes:

Aplicación orzamentaria Importe (€)
06.03.751A.770.3.-Comercialización da artesanía de Galicia. Titulares obradoiros artesáns 150.000,00 €
06.03.751A.761.5.-Comercialización e promoción de feiras de artesanía de Galicia. Concellos 42.500,00 €
06.03.751A.781.4.-Comercialización da artesanía de Galicia. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns 72.500,00 €

 Actuacións subvencionables:  Concellos.

1. Considéranse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras ou eventos de interese artesanal:

a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable, cun máximo de 15.000,00 € de subvención por feira.

b) Feiras non monográficas de distintos oficios.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable. O importe máximo de subvención será de 3.000,00 € por feira se contan cun mínimo dun 80 % de obradoiros artesáns inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia sobre o total de postos. O importe máximo de subvención será de 1.500,00 € por feira para as que conten cun mínimo do 40 % de obradoiros artesáns mencionados na alínea anterior.

2. O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 689963): http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index

-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código de procedemento IN201G, poderase obter información a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal) na súa epígrafe de axudas ou http://artesaniadegalicia.xunta.gal

b) Na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal

c) Nos teléfonos 881 99 91 78 e 981 54 55 97 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

e) Nos enderezos electrónicos cei.dxcomercio@xunta.gal e centro.artesania@xunta.gal

Descargas: